Incontrolable
Arepresentación da diversidade funcional evolucionou ao longo da historia do cinema. Desde unha imaxe da discapacidade en moitos casos estereotipada a unha representación máis próxima á realidade, sobre todo na última década. En xeral, a miúdo os filmes que tratan esas temáticas son obras inspiradas en caso reais. “Mi pie izquierdo” (1989) de Jim Sheridan baséase na historia de Christy Brown, un escritor e pintor irlandés nado con parálise cerebral. “Shine” (1996) de Scott Hicks fala sobre o pianista australiano David Helfgott (1947) que sufriu esquizofrenia. E só por citar dous exemplos de filmes que foron un éxito de crítica e público.
“Incontrolable (I Swear)” de Kirk Jones, inspíranse sobre a biografía real de John Davidson. Nado no 1971 en Galashiels (Escocia) e co diagnóstico de Tourette á idade de 15 anos. Un ano despois fixo visible a súa enfermidade a través do documental “Johns Not Mad” (1989),........
