¡La novia!
Filla de artistas, Maggie Gyllenhaal ten un longo recorrido como actriz de cine, teatro e televisión. No 2021, debutou detrás da cámara con La hija oscura, un filme que reflexionaba con honestidade e sen tabús sobre a maternidade. A través dunha estética realista, case documental - pero sen renunciar á unha poética exploración interior - a película seduciu a crítica no Festival de Venecia e obtivo tres nominacións aos Premios Óscar. Un discreto éxito que permitiu a Gyllenhaal de enfrontar o seu segundo proxecto cun orzamento bastante máis alto (80 millóns de dólares).
Con ¡La novia! Gyllenhaal decidiu cambiar completamente de rexistro. A directora aborda o xénero de terror, a partir da película La novia de Frankenstein (1935) de James Whale e a novela de Mary Shelley. O filme non é un verdadeiro remake do filme........
