menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A política do aparente fronte á realidade do abandono

11 0
23.05.2026

Vivir na provincia de Ourense hoxe supón ser testemuña dun fenómeno demográfico sen precedentes. Acadamos o título de ser a segunda provincia de España con maior porcentaxe de poboación maior de 60 anos, unha cifra que xa frega o 35% —o que supón que un de cada tres veciños supera esa idade— e que nos sitúa nun escenario de deshumanización que non podemos ignorar. Como alguén que leva cincuenta anos estudando o avellentamento e a fractura do rural, vexo con preocupación como o que comezou como unha sangría migratoria derivou nunha crise existencial.

Castro Caldelas: radiografía dunha perda. Para entender a magnitude desta realidade, abonda con mirar os datos de Castro de Caldelas, o meu fogar e un dos concellos máis golpeados da Galiza interior. No ano 1900, o concello contaba con 5.440 habitantes. Mediado o século pasado xa perderamos un milleiro, pero o dato actual é estarrecedor: neste 2026, o censo apenas acada os 1.106 habitantes. En 75 anos, Castro de Caldelas perdeu 3.300 veciños. A miña propia aldea, Quintela, é outro espello deste fenómeno: hai........

© La Región