Cuba na encrucillada
Resultan penosas as imaxes que saen nos medios de comunicación e nas redes sociais da situación que na actualidade vive Cuba. O lixo nas rúas e as vivendas moi desfeitas sinalan que, a pesares do que digan aínda os que defenden a ditadura dos Castro, o sistema no que o estado é o dono de todo, ou si prefiren a chamada Revolución comunista, colapsou e foi na súa totalidade un fracaso total. Falando con algúns cubanos que andan por estes lares comprobei que descoñecían moitas cousas do pasado da illa e polo tanto da situación de antes da chegada de Fidel e os seus acólitos ó poder.
Tamén deducín que a estes roubáronlle ou agocháronlle unha parte importante da historia da súa terra, pra logo venderlle as marabillas do comunismo. Pois non sabían que Cuba antes da independencia era unha provincia de ultramar con representación política nas cortes e cos mesmos dereitos que os españois da península, aínda que neses anos moitos vían a illa e actuaban como se fora unha colonia. Tamén que a........
