A rebeldía conveniente
Caéronlle os dentes, e non a coñecían na súa propia casa. Non a coñecía a nai, e as irmás non querían saber nada dela. Era delgada, case escuálida, cos ollos fundidos naquela cara de nada, incolora e sen mirada. Estaba sentada (ou pousada) nun recanto da beirarrúa e ao seu lado había un libro de peto aberto polo medio, xusto nas páxinas 78 e 79, nas que se falaba dela. Falábase dela e do maltrato que sofren as persoas vulnerables, aquelas que non teñen forma de encararse e defenderse das accións da mala xente.
Aquelas que constrúen e propagan bulos como se fosen noticia correcta e ben feita, baseada........
