menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Unha homenaxe a “Xocas”, don Xaquín, en Lobeira

21 0
01.08.2026

Hoxe sábado, celebraranse unhas xornadas en Lobeira con Xaquín Lorenzo como referencia. Acaso algúns se estrañen de que utilice o tratamento de don, e non por falta de consideración, que a ten, e moita, se non porque no rexistro popular é máis coñecido como “Xocas”. Sendo alumno del no tardofranquismo, dirixiámonos a el como “don Joaquín”. O galego non era entón moi habitual -eu mesmo, castelán falante de orixe, o estaba a aprender pola miña conta-, e menos nas relacións de cortesía. Cando nunha conversa cito ao noso máis célebre arqueólogo, Florentino Cuevillas, sen ser polo apelido, gústame dicir don Florentino, se ben é certo que nos parrafeos que mantiña con Elvira, unha das fillas, utilizabamos -sempre co permiso dela- “Floro”. É máis, cando formaba parte do padroado da Fundación Vicente Risco habitualmente, ademais do apelido........

© La Región