Pérez Jácome e as promesas que non valen nada
Acuerdo cerrado!”. Gonzalo Pérez Jácome anunciou esta semana no seu perfil en redes sociais que Ourense terá o seu primeiro hotel de cinco estrelas, un futuro balneario na contorna do Campo da Feira cuxas obras comezarían en xaneiro de 2027. O formato da nova é coherente co modelo comunicativo do rexedor. Aquí interesa outra cousa. A rotundidade da mensaxe contrasta coa escasa información que permite avaliar o seu alcance real. Ao peche destas liñas, ningunha comunicación municipal detallaba o acordo, o investimento nin o impacto previsto. Pode ser unha excelente noticia para a cidade, e oxalá o sexa. Pero aí reside o paradoxo. A fotografía procura enfiar a nosa reacción antes de dispor dos elementos necesarios para xulgar. E o augurado plan comeza a xerar rendemento político moito antes de producir resultados.
Murray Edelman, pioneiro no estudo da psicoloxía e o simbolismo políticos, explicou como os símbolos condensan realidades complexas en representacións inmediatamente comprensibles, capaces producir significado antes de que ningunha evidencia as avale. Un recente barómetro elaborado polo Equipo de Investigacións Políticas da Universidade de Santiago subliña, desde outra perspectiva, o peso da resposta afectiva na relación entre dirixentes e cidadanía. A instantánea de........
