Ignorancia dolosa e simplificación como cálculo político
Para ver de descifrar a Democracia Ourensana, un dos partidos menos transparentes do Estado, abonda botar un ollo ás redes do seu líder nun exercicio tan desconcertante como revelador. Nos comentarios hai quen lle ri as ocorrencias e louva a lucidez deste faro clarividente que reduce o mundo a branco e negro. Nunha semana típica agroman sentenzas inapelables sobre o mercado de traballo, tecnoloxía militar, a “mentira do cine español” ou a agonía do castelán no país de Donald Trump co gallo de Bad Bunny na Superbowl. “Sen relevo xeracional, o idioma non perdura”, finca Pérez-Jácome. Segundo o Instituto Cervantes, é a segunda lingua materna do mundo con 485 millóns de usuarios, e os Estados Unidos xa só están superados por México en número de hispano-falantes. Que a asimilación interxeracional afecte ás comunidades emigrantes é un fenómeno real. Equiparalo a un “declive absoluto” é falso.
Outra publicación, sobre a taxa de actividade local, parte dun dato verificado. Ourense é a única provincia española por debaixo do 50%, segundo a Enquisa de Poboación Activa. O alcalde atribúe esta situación á discriminación da Xunta de Galicia e do Estado, responsables en exclusiva, ao seu xuízo, das políticas de emprego, economía e educación, concluíndo co mantra do agravio da “cincenta”. Omite Pérez-Jácome que os concellos dispoñen de instrumentos propios, que van desde a........
