menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A banalización do racismo cotián

17 0
16.04.2026

Gramsci describiu como os grupos dirixentes lexitiman a súa ascendente mudando os prexuízos de clase en “sentido común”, en evidencias que non precisan discusión. Para o pensador italiano, a loita política librábase no campo das crenzas e das certezas coas que a xente interpreta a realidade, conseguindo que escollidas convencións aparezan como a única lectura razoable do mundo. Unha columna publicada nestas páxinas recentemente reproduce este exacto esquema aplicado ao racismo. En até catro movementos, o autor normaliza os cánticos islamófobos durante o partido da selección en Cornellá afirmando que “non é novo”, redirixe o foco cara a pretendida hipocrisía de quen o condena, constrúe unha falsa simetría entre odio ás persoas e disidencia política, e apela ao comodín identitario para transformar un debate sobre o odio relixioso nunha guerra cultural sobre España. Un completo exercicio de banalización do racismo.

O amigable España-Exipto do 31 de marzo no RCDE Stadium foi escenario de cánticos islamófobos recollidos polo propio árbitro na acta oficial, que desencadearon un expediente disciplinario da FIFA contra a Real Federación Española de Fútbol. Desa mesma zona do campo partiron berros de “Pedro Sánchez hijo de puta”, proba de que odio relixioso contra o diferente e antisanchismo comparten marcos ideolóxicos na construción do inimigo. Lonxe de ser un feito trivial,........

© La Región