A invasión en Ceuta
Hai anos que non me refiro a Arthur Schnitzler, moitos; pero agora que xa acadei isa idade na que se nos perdoa e consinte caseque todo (ignoro se con total ou se só con certa e prudente amabilidade) regreso á lectura dos seus textos e atópome con este paragrafiño que me vou permitir reproducirlles: “Por que a benevolencia dos nosos conxéneres adoito se nos figura estupidez e a propia nosa bondade? E por que a bondade allea antóllasenos debilidade e a nosa un signo da nobreza da nosa alma?”
Esta miña recorrencia a un autor como Schnitzler posiblemente (digo posiblemente, tan so posiblemente, e xa verán o motivo) sexa consecuencia da relectura post partum do meu artigo de hai hoxe unha semana. Ó facelo, ó volver lelo, ofrecéuseme críptico en exceso; por non dicir confuso e mal escrito. Desculpe o amable lector que así saíra. Pero vaiamos ó que pretendía ir.
Ó pouco de reler o artigo e facer consideracións tais coma as que se deducen da relectura do autor vienés, chegoume a valoración dun meu vello e benquerido amigo do........
