menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O pecado de Zapatero

16 0
30.05.2026

A verdade é que Zapatero é moito Zapatero. O máis duro que se leva dito nestes días por parte de vellos dirixentes do PSOE é que lles sorprendía porque o consideraban incapaz de pensamentos tan elaborados como para establecer esas tramas. Lembramos moitos como co micro aberto, sen querer, Jordi Sevilla, á sazón ministro de Economía, ante a cara de non entender nada o tema económico, lle dixo aquilo de “te lo explico en dos tardes”, e foi tal, en setembro de 2003. Xa choveu. En xeral, non me acaba de entrar polo ollo que os expresidentes se dediquen a algo máis que o seu traballo anterior -tipo rexistrador da propiedade, por exemplo- e que non se conformen coas prebendas que sinala o Real Decreto 405/1992, “por el que se regula el Estatuto de los Ex Presidentes del Gobierno” (dous funcionarios -de nivel 30 e 18 a súa disposición-, apoio diplomático no exterior, viaxes gratis por terra, mar e aire nos medios estatais, coche e chófer, asignación de gastos de oficina e, no seu caso,........

© La Región