menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

“A derradeira lección do mestre”, para iconoclastas

19 0
27.06.2026

Con motivo da vinda a Pontevedra e da exposición no Museo de Pontevedra do cadro famoso que reproduce a lámina sexta do pequeno álbum (23 x 16 cm., 10 láminas) “Galicia mártir” publicado polo Ministerio de Propaganda da II República en Valencia, 1937, práceme darlle unha pequena voltiña ao tema.

Para empezar, dicir que o cadro estivo xa en Ourense en 2019, do 7 de marzo a 6 de abril, nos baixos da Deputación, logo de estar exposto en Santiago, e grazas ás xestións feitas por Manuel Baltar perante o común amigo José María Vila Alén, presidente daquela, onte e hoxe, do Centro Galicia de Buenos Aires.

Para seguir, o cadro ten máis valor icónico ca plástico. Castelao era un magnífico caricaturista pero un mediocre pintor. E invoco como miñas palabras de Isaac Díaz Pardo para que non me chamen ousado. E creo que chamarlle “Guernica galego” é unha faltada para “A derradeira lección”. Picasso fixo negocio........

© La Región