De pactos e «patas»: a propósito da nosa lingua
O intelectual e periodista Karl Kraus contounos, con celme evidente, que cando se atopaban brazaletes coa cruz gamada despois dun asalto o partido nazi adoitaba sacar un comunicado dicindo que «só os asaltos comunicados por nós son auténticos, o público non debe crer calquera andrómena».
Este noso artigo, que non busca establecer abismos onde aparecen lugares comúns, non pretende outra cousa que apelar ao «sentido común», esa forma de saber conservadora que tamén cultiva, por descoñecemento, a esquerda.
A linguaxe, non hai dúbida, é a disciplina espiritual máis axeitada para aprender a ter respecto en todas as ordes da vida. Por este motivo resulta tan decepcionante que a lingua propia, ese instrumento de formación moral, poida ser tan impunemente lesionada e........
