O Pacto de Cardiff das nacións celtas cara a soberanía
Nun movemento sen precedentes no mapa político das Illas Británicas, os líderes dos gobernos de Gales, Escocia e Irlanda do Norte veñen de asinar na capital galesa de Caerdydd (Cardiff en inglés) un acordo histórico que redefine a relación entre os pobos sen Estado e os centros de poder tradicional de Westminster. O pacto non é un mero xesto simbólico nin unha declaración de boas intencións. Pola contra constitúe unha verdadeira arquitectura xurídico-política orientada a democratizar o dereito a decidir e a abrir unha fenda irreversíbel na estrutura política do Reino Unido.
Fronte ao bloqueo institucional imposto dende Downing Street —que teima en negar a realidade plurinacional e en pechar as vías legais para a consulta democrática—, o pacto conxunto dos premier escocés John Swinney, galés Rhun ap Iorwerth e a norirlandesa Michelle O’Neill, artella como principio irrenunciábel a lexitimidade democrática das nacións, alicerzada na vontade expresada por cadansúa cidadanía e non na concesión graciosa dun Parlamento........
