O bipartidismo estéril pariu un rato
Hai días nos que a política galega xera un fondo sentimento de abraio. O acordo do pasado 24-S entre e o Partido Popular de Galicia e un PSdeG en plena deriva e sen rumbo estratéxico non é un pacto pola lingua: é a constatación dunha rendición incondicional. A razón de fondo non se recoñece de certo, mais hai quen a albisca, vencellándoa á cobertura da Vicevaledoría do Pobo a propor dende a oposición parlamentaria, como á distribución das vacantes nos Consellos de Contas, Consultivo e de Administración da CSAG (antiga CRTVG).
Verdadeiramente a montaña do bipartidismo estéril pariu un rato cego. Porque o acordo non só non responde á urxente emerxencia lingüística constatada polos devastadores datos do Instituto Galego de Estatística—cunha perda sen precedentes de falantes habituais na infancia—, senón que se converte na tapadeira perfecta para branquear o Decreto do plurilingüismo do ano 2010. Aquel Decreto 79/2010, deseñado para derrogar o Decreto 124/2007 proposto pola conselleira socialista Laura Sánchez Piñón........
