Escocia, Gales e Úlster reflicten a crise constitucional
O mapa político das Illas Británicas logo das eleccións galesas e escocesas deste 7-M amosa que o Reino Unido entrou en risco de liquidación por derrubo. A vitoria soberanista en Edimburgo e Cardiff, sumada á inminencia dunha Irlanda do Norte baixo hexemonía republicana, sitúa a Westminster ante unha crise constitucional de natureza sistémica que racha coas costuras do modelo unionista tradicional.
O que vivimos este maio de 2026 non é unha simple mudanza de gobernos; é unha insurrección democrática das nacións atlánticas fronte ao centralismo esgotado de Londres. En Gales, o Plaid Cymru de Rhun ap Iorwerth, que quitou 43 escanos sobre os 96 do Senned galés, asume o poder co mandato imperativo de despregar antes de 2031 o Libro Branco da independencia. Non se trata dunha declaración retórica, senón dunha folla de ruta técnica para a desconexión, un manual de soberanía que busca........
