A necesidade de reivindicarmos o goberno de coalición
Moitísimas persoas de toda caste veñen de me requirir que siga a contar do goberno de coalición BNG-PSdeG (2005-2009), que amplíe o que nestas páxinas de LA OPINIÓN A CORUÑA contei a semana última (https://www.laopinioncoruna.es/opinion/2025/06/27/20-anos-do-goberno-coalicion-119102569.html ).
Nestes actuais tempos nos que agroma a corrupción de antigos altos cargos do PSOE e nos tempos anteriores que coñeceron a Gürtel e outras cen historias de corrupción do PP e a historia do caso dos ERE que apuntou e afundiu ao PSOE de Andalucía, unha historia como a do chamado bipartito, como a do goberno de coalición, con cero casos de corrupción é rechamante.
Porque neste goberno non existiu ningún caso de corrupción, de condena penal ou de pendencia de pescudas xudiciais, penais, de irregularidades administrativas graves ou mesmo de abuso ou uso........
© La Opinión A Coruña
