A farsa do intervencionismo no Irán
Que ninguén se engane. O réxime de Teherán é unha teocracia liberticida, contra os dereitos das mulleres e dos demais seres humanos. Unha afronta á dignidade humana que merece a repulsa de calquera persoa demócrata. Dende hai trinta e moitos anos cando escoito sobre Irán sempre lembro a fatwa de Siniestro Total... Ayatollah, no me toques la pirola.
Mais —e velaiquí o que tanto incomoda aos falcóns do intervencionismo— as violacións dos dereitos fundamentais dos cidadáns non outorgan un dereito de invasión ou bombardeo a terceiros Estados. A democracia non se exporta a medio de agresións armadas. A historia recente ensínanos que estas intervencións non buscan a liberación do pobo, senón o control de recursos e o mantemento de hexemonías rexionais. Nin o bombardeo destes días vai traer o sufraxio libre a Teherán, nin a desestabilización da rexión axudará ás mulleres que, teimuda e afoutadamente, loitan contra a teocracia iraniana nas rúas.
O........
