menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O monacato en Galiza, patrimonio por rehabilitar e revitalizar

32 0
25.04.2026

Ermidas, igrexas, algúns antigos mosteiros con tellas caídas, chovendo, portas franqueadas, interiores espoliados... grandes mosteiros de amplos espazos desaproveitados para cumprir unha misión en beneficio da sociedade e do medio ambiente. Resultado dunha ruín xestión, de non saber acordar entre os poderes públicos, a Igrexa ou os propietarios. E entre esas sombras toda unha historia, as cicatrices, guerras, exclaustracións, desamortización, espolio... o pouso do pasado que singulariza o seu valor, lección do que ou non facer.

Para ben ou para mal, que de todo hai, a historia da cristiandade ofrece capítulos fundamentais na historia de Galiza, na organización social, política, económica e cultural, con base no achado e na singularidade da parroquia. Polo tanto nese transcendente feudalismo de casta e rango, o dun reino que foi cerna espiritual dun imperio, abrindo camiños a Europa e a unha misión polo mapamundi. Moito, pois, hai do que pedir perdón, mesmo como reclama a presidenta mexicana Claudia Sheinbaum, o que tampouco sobra entre tanta azucrada e apurpurinada arrogancia.

Bieitos, cistercienses, templarios, cóengos regulares, hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, Cabaleiros de Malta, franciscanos, dominicos... todos inzaron neste cabodomundo. Con mosteiros que, a máis de contribuír aos seus fins relixiosos, á organización civil e administrativa, supuñan a creación de escolas, centros de beneficencia, potenciación das artes e do artesanado, da feira e festa, dos produtos da terra e do traballo.

E se, pese aos incendios, a humidade, ao espolio... aínda abundan os documentos, os monumentos, tamén abondan quen os estude, a investigación. O tema preocupou, como non podía ser doutro xeito, a quen pescuda nas orixes, en Compostela, sobre aquela tumba que se di ser do apóstolo Santiago, sen faltar os que din ser do heresiarca, mago, panteísta e druidista Prisciliano e argumentos, enriquecendo mitos, non faltan. Sexa o que sexa, entre arqueoloxías cristiáns de........

© La Opinión A Coruña