As orixes da arte de Picasso na Coruña, unha inversión cultural en espera
Pombal, de José Ruiz / LOC
Non aprenderon os poderes públicos o que significa a inversión no singular aporte á cultura universal. A vida pásanos por diante mentres facemos outras cousas, non tan importantes para a educación, onde radica tanto. Sabendo que na súa orixe as deputacións cumpriron un importante papel nas comisións de monumentos, nos Museos e academias provinciais...
E velaí tantas cousas que a Coruña e Galiza leva perdido: o códice hebreo Kennikott, agora en Oxford; as lousas da mesma época e procedencia que se mostran no Museo Sefardí de Toledo ou o códice maia do Museo de América... o Cristo gótico que foi da igrexa de Santiago para mostrarse no Mosteiro de La Rábida... as coleccións Romero Ortiz, Blanco Ciceron, Cuena, Orol... o Museo Eléctrico de Fenosa, o Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.... como canto significan as pegadas dos anos dos Ruiz Picasso na Coruña, aos que as crónicas se refiren como un pesadelo, envolto nas sombras da morte de Conchita... as que prenden no neno que sería Picasso. Leccións de vida no camiño: Málaga, Coruña, Barcelona, París, a Provenza...
Estancia dos Ruiz Picasso na Coruña envolta nun ambiente de efervescencia atlántica, cidade na noite arrolada baixo o muiñar dos estralampos dun faro milenario. Peirao de arribadas e partidas, de americanos, do cine, da música, fotógrafos, arquitectos, da Academia de Belas Artes, de coleccionistas, a de Murguía e da Pardo Bazán, condesa na onda do naturalismo, seguindo ao provenzal Zola, paisano e amigo do pintor Cezanne, de quen naceu a deconstrución das formas e o cubismo. Dialéctica coruñesa de luces e sombras, de Eros e Tánatos, na que se enchoupa o neno Pablo Ruiz Picasso. E velaí as pegadas a rescatar: os mestres, os compañeiros, as obras... asunto no que teimou Luis Seoane, e quen máis, o xornalista Ángel Padín Panizo, como na actualidade Ruben Ventureira, cun meritorio traballo de localización de obra e recomposición do crebacabezas dos anos coruñeses dos Ruiz Picasso . Como proba as exposicións dedicadas, con publicacións que mudan as perspectivas e axudan a poñer á Coruña no universo. Capítulo das orixes, onde radica a orixinalidade do........
