menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido

10 0
30.01.2026

Sobre os eidos do desleixo, anunciando o espectáculo do nacer da primavera e o Entroido, inzan e asoman polos cinco sentidos os arbustos invasores e descontrolados das mimosas, cos acios dos seus delicados pompóns de ouro solar. Ramallos de pau negro, de follas verdeazuladas, en forma de pluma, foliolos abertos ao ser mimados polo sol, pechados coa noite Egoístas, acaparando a luz, que se queren sos, en grupo expansivo, asediando e sen deixar medrar a canto teñan ao redor. Mato, manto de ramallos de mimosas, tan coidados nas beiras do Mediterráneo, flor da Costa Azul, onde pola contra alí é considerada exótica planta de xardín e de floraría, moi solicitada pola aristocracia e cunha linguaxe simbólica vinculada co amor, co renacer. Celebrada en festa e tendo capital internacional en Mandelieu-La Napoule, arredores de Cannes, onde se cultiva para distribuílas polo mundo, así como para elaborar perfume, xabón, facilitando a apicultura. Recurso para pintores de bodegóns, como fixo Matisse e lembro as pintadas por Xavier Pousa de Goián, ribeiras do Miño.

Mimosas do pintor de Goián Xavier Pousa. | Felipe Senén

Non tan queridas na tradición galega de noutrora, nin dignas de adornar o xardín, nin o interior da casa e menos polas sobre as sepulturas. Si para estrar as rúas do Entroido ou para darlle cor a un carro festivo. Ben sabe o labrego do andazo de cobiza insolidaria desta acacia, a que se apodera e inza sobre eidos deixados de man, preferindo os socalcos que foron dese viño do que por algo se fai sacramento.

As mimosas póndolle manto ao abandono e abrindo ao Entroido

Curioso paradoxo, cando as varas de mimosa eran tan cotizadas no agro, como guieiros para os cultivos que gabean, como as vides e os emparrados. Mais velaí: plantouse a vide e protexérono de varas de acacia... prenderon........

© La Opinión A Coruña