As iniciativas turísticas de ‘Máis que Románico’ e a Ribeira Sacra
Máis que Románico é unha empresa cultural e turística modélica con orixe e pés na Ribeira Sacra e máis alá. Bisbarra tan ampla como rica en natureza e cultura, de imaxe inesquecible: mar de socalcos empinados cara ao río, cambiante de cor coas estacións... e no alto unha igrexa románica de espadana competindo cun ciprés, nunha banda un souto e máis aínda.
As iniciativas turísticas de ‘Máis que Románico’ e a Ribeira Sacra
No 1996 protéxense os viños desta terra coa Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o seu Consello Regulador. Despois a Xunta de Galicia incluiraa entre as demarcacións creadas no 2011 e ampliadas no 2022, como xeodestino, formado polos concellos de A Peroxa, a Pobra do Brollón, Trives, A Teixeira, Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte, Montederramo, Ramuín, Pereiro de Aguiar, Saviñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, Sober, Taboada e Xunqueira de Espadañedo. Como capital espiritual poderíamos escoller Monforte de Lemos, si acaso encadrando os itinerarios con Chantada , Portomarín e Castro Caldelas.
Póñense en valor dos recursos naturais e culturais. Resultado da constancia e do saber de varias persoas e á confianza posta nestas polos seus concellos : turismo rural, arqueoloxía, arte, no que prima o Románico, etnografía, pesca, caza, vitivinicultura, e como non, a arqueoloxía industrial dos encoros e do ferrocarril... Longa historia na que é sobranceiro o papel da historiadora da arte Flora Enríquez Rodríguez, reivindicando canto vimos dicindo dende o seu Pantón. Así como o manifesto amor a súa terra de Belarmino Fernández, emigrante a Brasil que, en Rosende de Sober, recuperou o pazo de Rivas para dedicalo a Escola de Hostalería. Non sendo menos a profesionalidade de Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, así como a implicación dos bodegueiros. Xestión que se encamiña á declaración como Patrimonio da Humanidade.
Espiral de positividade na que Máis que Románico, colectivo formado por especialistas en Historia da Arte, en turismo, que propón itinerarios,........
