menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Fantasmas sen conciencia

31 0
11.03.2026

COMEZA ‘Eu son de aquí e de alá’ despois dunha marabillosa frase de Marguerite Yourcenar: «Todos estamos divididos e somos fragmentos, sombras, fantasmas sen consistencia». Tamara Andrés ao longo deste texto que non é biografía, nin é poemario, nin é ensaio... aínda que sexa un pouco de todo, aborda o labor de reconstruír eses fragmentos que chegaron a nós dun nome seguramente descoñecido para moitos como é o de Matilde Lloria ao que eu mesmo accedo dende a máis completa escuridade, grazas a este texto híbrido pero cheo de elementos sedutores, precisamente, por esa presentación fraccionada de anacos dunha vida que se reúnen pero sen un gran pegamento entre eles, senón colocados xuntos para amosar todas esas sombras que a rodearon pola súa condición de muller, pero que á vista do exposto, aparece chea de habelencias para ser lembrada.

Editado por Galaxia, Tamara Andrés recolle ese proceso investigador arredor dunha figura que chegou a ela de xeito casual, un nome máis que nun momento dado berrou dende o........

© Galiciaé