menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Todos os homes que caben en Cunqueiro

36 0
17.03.2026

A BALA DE Celestino atravesou a pel da súa alma. Todas as biografías sobre o escritor mindoniense das que teño noticia e lectura re1firen picardía e bonhomía, pero non atopei unha resposta desabrida. Veño de ler a última, 'Álvaro Cunqueiro, sueño y leyenda' (Renacimiento) de Antonio Rivero Taravillo (1963-2025). A obra é enorme, ata o punto de resultar excesiva. Quero dicir, Rivero Taravillo elaborouna con tesón e minuciosidade ata o punto de que pode ser definitiva, o peche dun arco que abriu Armesto Faginas naquela escrita para Xerais madrugando os anos 90. O libro de Armesto téñoo comprado para regalar en varias oportunidades. Serve como introdución ao autor, mentres que a peza de Rivero Taravillo paréceme unha obra avanzada para iniciados.

De todos os álvaros —dramaturgo, gastrónomo, cociñeiro, filólogo, botánico, amigo, 'connaiseur' de viños, estafador, pai...— sorprendeume o trasfondo co que desenvolve o Cunqueiro político. Ata esta semana, cando lin a súa navegación cerca do poder, tan errática, pensei en que o seu fascismo era salvamento e socorrismo, que el nunca a tomou en serio. En 1931 fai proselitismo canda Ánxel Fole nun mitin da Organización Republicana Galega Autónoma en Ribadeo. Ese mesmo ano crea Acción Galega, "semanario nacionalista de esquerdas", aínda que........

© Galiciaé