menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O humor nos tempos do cólera

30 0
31.03.2026

EN GALICIA cando rimos, rimos, e cando pensamos tamén rimos. Fernández de la Vega (Friol, 1914; Lugo, 1986) escribe en O segredo do humor (1963) que o humor "é un esforzo por superarmos a propia debilidade e, mesmo por iso, algo verdadeiramente serio que se agacha baixo a aparente broma".

Celestino pensa canda Ramón Piñeiro (Láncara, 1915; Santiago, 1990). Ramón é un ano máis novo. Ambos se relacionan en Lugo. Pero hai un filósofo máis vello ca eles, Domingo Carvallo González (Lugo, 1897; Madrid, 1980), que foi discípulo de Ortega en Madrid, e de Husserl, Heidegger e Heisenberg en Alemaña.Será Carvallo quien abra a ambos o panorama do pensamento alemán. 

Fixera carreira militar a contragusto.
—Carvallo, dedíquese á filosofía —aconselloulle o seu profesor Ortega i Gasset.

O alumno asentara xa na cidade natal como inspector de Abastecementos, pero aborrecía. Gasset non solta o comentario coa lixeireza coa que opinamos sobre o futuro dos fillos doutros pais. Fala coa Casa de Alba para que financie a marcha de Domingo Carvallo a Friburgo. Alí, aprenderá de Husserl entre 1928 e 1930, onde Hannah Arendt.

Con todo, non logra ser filósofo no sentido profesional. Volve a España como capitán de carabineiros. Na chegada é detido polos golpistas por ler "libros........

© Galiciaé