A xeración desconectada: o novo absentismo universitario
Houbo un tempo no que ir á universidade era moito máis que asistir a clase. Era pasar horas nos corredores das facultades, discutir na cafetería do campus, coñecer persoas distintas, asistir a conferencias e descubrir ideas novas, organizarse, adquirir unha conciencia política. A universidade pública era tamén unha forma de vida, un punto de inflexión cara a vida adulta.
Nos últimos anos algo está a cambiar silenciosamente: cada vez hai menos alumnado nas aulas, menos presenza sostida, menos vínculos entre iguais. A Universidade segue enchendo as matrículas, pero cada vez está máis baleira de experiencia universitaria. Por que se habita tan pouco a universidade?
Como chegamos a normalizar aulas medio baleiras apenas unhas semanas despois de comezar o curso? Que aconteceu para que tantos estudantes vivan a universidade como un espazo de paso, case administrativo, sen sentimento de pertenza nin implicación colectiva, nin gran esforzo........
