menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O noso principiño

29 0
14.03.2026

A bancada celeste no partido Celta-Lyon. / Marta G. Brea

Anoxoume que un grupo de ultras celestes recibise a paos a seareiros do Olympique Lyonnais o que, queirámolo ou non, lixa a imaxe de todo o celtismo, sempre pacífico até o lirismo, como a do propio club que tras a extraordinaria iniciativa da procura da camiseta de Madonna nunha semana gañara prestixio e boa reputación en todo o planeta.

E o caso é que ademais de non existir razón ningunha para arruinar escaparates e darlle unha malleira a calquera, sexa foráneo ou membro da comunidade, a violencia destes idiotas constitúe un risco engadido para os tres mil celtistas que a vindeira semana viaxan a Lyon a apoiar ao Celta en lance tan decisivo. Visita a unha cidade moi interesante, no seu día capital da Galia romana, unha das principais prazas gastronómicas francesas, coas que Vigo ten algunhas afinidades económicas e culturais que nestes oitavos de final da Europa League deberían coñecerse.

Cidade literaria coma Vigo, Lyon aparece como Lugdunum na quinta entrega das aventuras de Asterix, A volta a Galia (1965), ademais de ser a localidade onde naceu o aviador e escritor Antoine de Saint- Exupéry, que lle dá nome ao seu aeroporto e a quen se lembra nunha escultura na praza de Bellecour xunto ao seu personaxe principal, o principiño. Coma Verne ten en Nantes........

© Faro de Vigo