menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Feira do libro na Alameda de Vigo

16 0
30.06.2026

A relación da Alameda como espazo público co sector do libro iníciase en 1942 cando se instala na praza de Compostela nº 22 baixo a Biblioteca Popular de Vigo, á que en agosto de 1945 se lle deu o nome de Jaime Solá, vigués de 1873, prolífico novelista popular, xornalista, fotógrafo notable, a quen se lle debe a gran obra que foi a revista Vida Gallega. A cativa biblioteca municipal en 1979 foi trasladada de forma «provisional» a uns baixos da rúa Romil, onde funcionou durante década e media, ata que no ano 1995 foi inaugurada no edificio Ferro da rúa Joaquín Compañel a chamada Biblioteca Pública Central de Vigo.

En 1969 foi cando se celebrou a que pode ser considerada como primeira feira do libro de Vigo. Até entón, as mostras do libro eran organizadas de forma ocasional polo Ministerio de Información y Turismo e o Instituto Nacional del Libro Español (INLE), que instalaba na rúa do Príncipe diante do Pazo de Xustiza e cárcere os seus postos. Robles Piquer, presidente do INLE, quixo que o circuíto profesional de feiras do libro de España pasase por Galicia, alternándose, con carácter bienal, entre Vigo e A Coruña. A primeira edición celebrouse a finais de xullo de 1969 na Alameda, con cincuenta casetas. Na segunda de........

© Faro de Vigo