Begoña Caamaño, escritora viguesa
A celebración do Día das Letras Galegas dedicado á xornalista e narradora Begoña Caamaño Rascado non estivo exento de polémica. O fraco entusiasmo dos responsables da Consellaría de Cultura pola autora de Circe ou o pracer do azul (Galaxia 2009), chegando a modificar un dos carteis premiados da exposición enviada aos centros escolares, deseñados polo alumnado do IES Castelao do Calvario, uniuse a lamentable negativa do pleno do Concello de Vigo a outorgarlle a Medalla da cidade á escritora nacida en 1964 na rúa de Cataluña. Ademais de non contar, polo momento, con resposta á proposta do grupo municipal do BNG de Vigo de lembrar co nome da activista viguesa a praza do Calvario onde conflúen as avenidas de Jenaro de la Fuente, Aragón e Aeroporto, eidos da súa primeira infancia, onde grazas ao fermoso relato de Ramón Nicolás sabemos que «perdeu un zapato na lama». Sexa como fose, desaprovéitase unha oportunidade preciosa, como ten sinalado a escritora María Reimóndez, de poñer un foco potente nunha autora cunha visión crítica feminista, que contribúe a darlle visibilidade na sociedade en xeral, cando está cada vez máis desconectada da lingua galega.
Vigo, «onde nacín, me criei, onde están as miñas........
