menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

As aulas Senda non son inclusión

15 0
10.11.2026

Comezado o curso, é inevitable expresar a nosa decepción polo paso atrás que na construción da escola inclusiva supón a posta en marcha das aulas Senda. Lamento o retroceso que supón este programa experimental en vinte centros do país, dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEE), preferentemente os usuarios do modelo de escolarización combinada, que reciben docencia no centro ordinario e no de educación especial.

Un programa que, segundo os seus promotores, pretende crear aulas con «identidade propia» nas que o seu alumnado comparte patio, comedor, actividades e amizades do centro. Aulas de apenas cinco estudantes que contarán cunha profesora de Pedagoxía Terapéutica (PT) a tempo completo, podendo, se fose necesario, en función das características do alumnado, dispoñer dun docente especialista en Audición e Linguaxe (AL) e no seu caso de persoal coidador. Ademais de estar dotado de materiais de accesibilidade educativa, tecnoloxías accesibles, mobiliario ergonómico e adaptado ou equipamento sensorial.

O anuncio das aulas Senda abriu en Galicia o debate sobre o que se entende por inclusión e por segregación educativa. Unha controversia que xa vén de vello, a raíz dos informes da Comisión........

© Faro de Vigo