No Día das Letras Galegas
Begoña Caamaño. / Xoan Álvarez
Estes días, unha persoa de fóra de Galicia preguntoume pola figura de Begoña Caamaño; seica escoitara falar moito dela nas últimas semanas e isto espertou a súa curiosidade. Interpretei este feito coma un síntoma de que o traballo de divulgación da figura e da obra de Begoña estábase facendo con esmero. Hai anos que sucede que o autor ou autora homenaxeada non consegue calar na sociedade tanto como nos gustaría: porque a súa figura ten máis difícil encaixe no mundo actual ou porque a súa obra non posúe o carácter suficiente para empapar ao gran público. Certo é que a expresión gran público debe ser interpretada con prudencia, tendo en conta que, conforme ao Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2024 só un 3,8 % da poboación escolle o galego coma lingua preferida. A adquisición de libros en galego é dun 6,1%, sendo o ocio o principal motivo para mercar libros en Galicia.
Falemos do gran público, ese 3,8% da poboación que escolle o galego como lingua preferida para ler. Estou convencida de que o público é especialmente permeable cando focalizamos na figura homenaxeada no........
