Os números matan os versos
Poesía e música para nenos na librería Libros para soñar, de Kalandraka, en Vigo / FDV
Lía eu este poema mentres soaba na sala un dos concertos de piano e orquestra que máis me emocionan: o Concerto nº 2, Op. 18, de Rachmaninov, interpretado polo pianista Evgeny Kissin coa London Symphony Orchestra dirixida por Valery Gergiev. Que lirismo. Que beleza. Que emoción. Son momentos que te reconcilian coa esencia do ser humano.
Dicía que lía estes preciosos versos no libro Versos que el viento arrastra (Olé Libros), de Karmelo C. Iribarren, escrito, en principio, para os nenos e nenas, aínda que, son poemas sen idade definida. Daquela, comecei a preocuparme, porque axiña sentín, unha vez máis, que os números matan os versos. E dirán vostedes a que vén isto. Terán razón en amosar certo despiste. Lóxico.
Porén, isto toma sentido se o asociamos á publicación de poemarios para a infancia. Os números que fan os grandes executivos á hora de decidir poñer nas librarías, escolas ou bibliotecas libros de versos matan os poemas. Que........
