Do Alvia á dana: a dobre vara de medir dun PP que esixe o que nunca deu
Hai unha semana, un AVE estrelábase contra un Iryo detido en Urda e deixaba decenas de mortos sobre as vías da alta velocidade. Vinte e catro horas despois, Núñez Feijóo xa esixía «responsabilidades políticas». Sen agardar pola investigación oficial, sen agardar a que arrefriasen os corpos. Quen hoxe corre a pedir cabezas é o mesmo que, cando lle tocou a el, se escondeu detrás dun maquinista.
Angrois: oitenta mortos e ningunha responsabilidade política
O accidente ferroviario máis grave da democracia española non foi o de Adamuz nin é o de Urda. Foi o de Angrois, en Compostela, en xullo de 2013: oitenta persoas mortas nunha liña de alta velocidade. Á fronte da Xunta estaba Alberto Núñez Feijóo; en Fomento, Ana Pastor. Quen asumiu responsabilidades políticas? Ninguén. O PP sinalou como único culpable o maquinista por tomar a curva a unha velocidade excesiva e calou o esencial: que existira unha decisión política de desactivar o sistema de seguridade ERTMS.
Ese mesmo Feijóo rexeitou ata en tres ocasións que o Parlamento de Galicia abrise unha investigación política. Hoxe anuncia comisións no Senado con xesto grave.........
