Palestina
Nos relatos bíblicos os palestinos eran os filisteos, que ocupaban a terra de Canaán, a que Deus prometera a Moisés e aos patriarcas hebreos, a que conquista Xosué guiado pola estratexia divina, a terra de Xericó e as cidades todas dende a fronteira do Líbano ata case a fronteira de Exipto, sempre arredor do río Xordán. Tres mil anos antes de Cristo. O conflito máis recente é de 1948, cando a ONU decide dividir o vello mandato británico entre árabes e xudeus, na idea dos dous estados que volve considerarse agora. Daquela os árabes non aceptaron o reparto e os xudeus proclamaron pola súa conta o Estado de Israel. A chamada Franxa de Gaza e a Cisxordania, que hoxe aínda constitúen o Estado de © La Voz de Galicia
