O traballo de imaxinar
Hoxe convertemos este Día do Traballo nunha festa e saímos ás rúas para poñer voz a reivindicacións laborais de todo tipo. Un gran privilexio da nosa sociedade. Chegado o primeiro de maio, detéñome a pensar en que e canto esforzo nos trouxo ata este punto e concluín felicitando aos nosos antepasados polo bo uso da imaxinación sobre calquera outro exercicio para o progreso social. Explícome: se non fósemos imaxinación non seriamos. A imaxinación é o primeiro fundamento que nos fai libres e poderosos. Todo o movido e creado para o progreso ou o fracaso foi antes un exercicio de imaxinación. Incluída a fábula bíblica que nos condenou: “Gañarás o pan coa suor da túa fronte”. O tipo que a redactou debeu de poñer “imaxinación” no lugar de “fronte”, tería sido máis exacto.
Para chegar á última mensaxe da pancarta de hoxe, a imaxinación determinou o curso dos tempos.........
