Novidades na xubilación flexible para os xubilados/as que queren traballar
A xubilación flexible é a opción de combinar a percepción dunha pensión contributiva de xubilación —unha vez xubilado— cun emprego a tempo parcial. O Goberno está a substituír o anterior Real Decreto 1132/2002 por unha nova normativa para fomentar esta modalidade: o Real Decreto 416/2026, do 27 de maio, con entrada en vigor o 28 de agosto de 2026.
A xubilación flexible permite compatibilizar a percepción dunha prestación (aínda que non íntegramente) co desempeño dun traballo remunerado. Non obstante, a diferenza da xubilación activa e da xubilación parcial —que regulan situacións previas á xubilación plena—, a xubilación flexible está destinada exclusivamente a aquelas persoas que xa comezaron a cobrar unha pensión de xubilación contributiva pero que desexan volver a traballar durante unhas horas.
É unha opción que ata agora non era moi usada, polo que a nova lexislación, pretende potenciar o uso desta modalidade.
Para poder optar a ela, é necesario........
