A realidade supera á ficción
Despois de ver as decisións dalgúns gobernantes actuais, lembro as imaxes dos chistes ou tebeos onde os heroes sempre saían ganándolle ós malos, aínda que, desta vez, semella que todo será ó revés. Os persoeiros naqueles chistes eran os que sempre apelaban a xustiza e, ademais diso, facían obras boas. Eran algo semellante ás persoas que tiñan algúns poderes especiais, mais sempre traballaban a favor dos máis débiles. Daquelas, a realidade sempre estaba por debaixo do que se entendía como a ficción. Pois a ficción era o que considerabamos como un conto ou unha esaxeración que, aínda que nos gustaba, sabíamos que non era posibel, pero que liamos con sumo gusto. Os heroes daqueles libretos eran o Capitán Trueno, o Jabato, Roberto Alcázar, etc. Todos tiñan poderes extraordinarios e arranxaban conflitos entre a xente. Eles eran os bos, eran como modelos a seguir. Pois ben, dende o atentado das Torres Xemelgas nos EEUU, semella que a realidade na que vivimos supera á ficción, dado........
