menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Conectados ao futuro

26 0
02.04.2026

Os vinte e sete representantes cos que conta o PP de Ourense nas cámaras de representación política provincial, autonómica e xerais do Estado comparecimos, convocados polo noso presidente, Luís Menor, este fin de semana por segundo ano consecutivo para reunírmonos e falar do noso traballo a prol da provincia. Doce deputados provinciais, oito parlamentarios galegos, tres deputados nacionais e catro senadores estivemos no Arquivo Histórico de Ourense para poñer en negro sobre branco as iniciativas máis salientables que defendimos nos últimos doce meses na procura do máximo benestar da nosa veciñanza . Acompañáronnos a secretaria xeral do PP de Galicia, Paula Prado, e o secretario xeral do PP nacional, Miguel Tellado, por certo elixido en Ourense secretario xeral do PP de Galicia en maio de 2016.

Unha obriga para o partido de Ourense, a forza máis votada elección tras elección, render contas do encargo que recibimos do electorado: facer un Ourense mellor, “conectados ao futuro”, como expresa o lema desta segunda interparlamentaria. O día no que cumpríanse douscentos dezasete anos da Reconquista viguesa, cando o alzamento popular comandado por Pablo Morillo e o ourensán, de Cachamuiña (Pereiro de Aguiar),........

© La Región