Cuevillas e Otero: unha amizade que pensou Galicia
Hai uns días din unha conferencia no marco do Abril Oteriano 2026, organizado pola Fundación Otero Pedrayo e a Universidade de Santiago de Compostela. Agora coñezo un pracer maior que falar da amizade entre Florentino López-Alonso Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo: facelo no ambiente maxestoso do paraninfo da Facultade compostelá de Xeografía e Historia, onde o Patriarca impartiu a súa derradeira lección coma catedrático.
Ese espazo, cheo de memoria e simbolismo, é o mellor escenario para matinar sobre unha das relacións máis fecundas da historia intelectual e política da Galicia contemporánea. Por que, a de Cuevillas e Otero non foi só unha amizade nin unha coincidencia xeracional, senón unha comunidade de espírito e de destino que, nada na nenez e consolidada na mocidade, se prolongou até o pasamento do primeiro, en xullo de 1958, como unha obra común de creación cultural e de construción de conciencia de país.
Os seus primeiros vencellos agromaron no Instituto de Ourense; o centro onde se formaron nun ambiente académico -baixo a........
