menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A liquidación da socialdemocracia

20 0
30.05.2026

No cree usted que la mayor enseñanza que necesita España es saber retirarse del Poder? ¿No cree usted que la causa más poderosa de todas nuestras desdichas pasadas ha sido el furor de nuestros hombres de alcanzar el poder y conservarlo a cualquier precio?” Isto preguntoulle Cánovas del Castillo ó Marqués de Molíns, hai século e medio. Isto preguntei eu hai anos e reitero hoxe: que terá o poder que arrasa liberdades, merca vontades e esvae principios?, que terá o poder que fai que haxa homes que perdan até a dignidade por perpetuarse nel?, por que hai líderes incapaces de aceptaren que o seu tempo pasou e prefiren arriscarse a saír pola porta de servizo, denantes que abandonar voluntariamente o escenario?

Sempre defendín que o tempo é un gran inquisidor que actúa a través do xuízo implacábel da historia. E, no eido da política, unha das cousas máis condenábeis historicamente é o sacrificio dunha ferramenta de representación democrática e participación social en beneficio de intereses........

© La Región