menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: o Posío

8 1
07.02.2026

No seu libro “Fueros municipales de Orense”, de 1912, Manuel Martínez Sueiro reseñaba a descuberta de ladrillos e outros materiais construtivos romanos nas inmediacións do Posío e na beira dereita do Barbaña. Os datos foron despois recollidos por Florentino Cuevillas cando no artigo “Como nasceu a cidade de Ourense”, publicado na revista Nós en 1934, teorizaba sobre as orixes da cidade. Moitos anos máis tarde, o Concello de Ourense promovía dúas intervencións arqueolóxicas no xardín do Posío. No inicio consistiron en seguimentos de obras, pero os resultados das observacións levaron a completalas con sondaxes.

O primeiro dos proxectos foi dirixido por L. Orero Grandal en 1998. Tanto o seguimento arqueolóxico como as sondaxes confirmaron os datos de M. Sueiro, porque permitiron recuperar numerosos vestixios romanos, entre eles,........

© La Región