Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
A mediados da década de 1990 levouse a cabo outra das escavacións arqueolóxicas esenciais para o entorno das Burgas e para a cidade. O colexio San Xosé, “Las Josefinas”, necesitaba renovar o patio para dotarse de instalacións deportivas. O plan especial do núcleo histórico de Ourense -o PERI- aínda non estaba en vigor e a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Ourense da Xunta de Galicia, dada a localización tan sensible das obras, ordenou unha escavación arqueolóxica previa que dirixiu L. Orero Grandal en 1996.
As expectativas deron os resultados agardados. Por primeira vez, sumado aos indicios proporcionados polo altar que Calpurnia Abana Aeboso dedicara ás Ninfas das Burgas e por algúns materiais descubertos anos antes por Alfredo Seara -primeiras deducións empíricas da presenza romana neste enclave- apareceron restos edilicios que indicaban o uso termal incontestable na........
