Dolmens na heráldica de Muíños: o orgullo do seu patrimonio arqueolóxico
Dada a miña dedicación ao patrimonio cultural, de forma especial a arqueoloxía, paréceme moi grato e reconfortante o uso de símbolos que representan o patrimonio arqueolóxico polas institucións e entidades públicas. Un deles é Muíños, concello que forma parte da comarca ourensá da Baixa Limia. A heráldica municipal reproduce, entre outros elementos tan característicos da súa zona como os Picos de Fontefría, o río Limia ou seis moas de muíño na honra do topónimo que máis o identifica, tamén aparece a romana Ponte Pedriña, hoxe somerxida no encoro das Conchas. E como non, acompañando ás moas na bordura do brasón, figuran seis dolmens, seis monumentos megalíticos. Existe outro dolmen no escudo do equipo de fútbol S. D. Muíños.
Por suposto, os traballos de F. Cuevillas neste val, que publica en 1927. O mesmo ano continúa o seu labor coas “papeletas”, fichas de catalogación de........
