“Señor das moscas”, de William Golding
Non sei se vostedes lles pasa, pero para min existen libros e películas sobre os que volvo con frecuencia. Son na maioría libros versionados no cinema, como “La colmena”, “El bosque animado” ou, quizais menos coñecido ,“Los androides sueñan con ovejas eléctricas” no que se baseou, moi reinterpretado, “Blade Runner”. Estou seguro que todos coñecen aos escritores e directores que pariron tales obras, que non citarei, como si farei co libro de antropoloxía ficción e película “Señor das moscas”, do que teño escrito máis veces. Publicado en 1954, é autoría de William Golding e a película, de 1990, foi dirixida por Harry Hook. É un relato que formaba parte das lecturas paralelas na materia de Antropoloxía da especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, antes impartida na Universidade de Santiago.
O argumento, no que por coñecido non insistirei, xira ao redor dun grupo de xoves de familias inglesas acomodadas que son evacuados en barco debido ao inicio dunha guerra atómica. O navío naufraga nunha illa do pacífico e os rapaces quedan sos, sen a supervisión de adultos. Inevitablemente precisan organizarse para sobrevivir e........
