A Alameda ou Horta do Concello
A orixe de Ourense xerouse no contorno da praza Maior e as Burgas. A el, durante séculos, só se podía chegar a pé ou a cabalo. Na Restauración do século XIX, a modernidade expandiuse dende a súa fachada norte, abrindo novas rúas cara ao río Miño e a construcción da estrada de Villacastin as Vigo no trienio 1860-63, que vai desde o Posio ata a Ponte Romana, converténdose, logo, na rúa do Progreso que dividiu en dúas partes a Alameda.
A Alameda, históricamente, recibiu múltiples denominacións: Alameda, Horta do Concello, nome debido a que nela celebrábanse asembleas de veciños, xardíns Bispo Carrascosa, Campo das Oliveiras, xardinillos, praza de Concepción Arenal,
O arquiteto Daniel Vázquez–Gulías foi esencial no desenvolvemento urbano de Ourense. En 1903, proxectou a ordenación e urbanización da «Horta do Concello» a ambos lados da estrada de Villacastin a Vigo, considerada estratéxica para a cidade dado que serviría como nexo de unión entre o núcleo antigo da urbe e a parte que se extendeu cara ao río Miño, como elemento esencial do ensanche natural da cidade cara ao Norte. O proxecto consérvase no Arquivo municipal de Ourense no legaxo 12/expediente número 137. María Victoria Carballo-Calero no seu libro «A transformación dunha cidade Ourense (1880-1936)» inseriuno dentro de «feito urbano» ao ser referente que influiu na morfoloxia da cidade.
A Alameda posúe un atrativo especial apesar da diversidade construtiva:
Na fachada norte da Alameda, sobre un outeiro con viñas, na que tamen se vendía leña e herba construiuse a ampliación do Seminário Conciliar de San Fernando promovida polo seu rector Blas Manuel Troncoso Ferreira. Sendo autor do proxecto o arquitecto José Antonio Queralt Rauret que o asinou o 20 de outubro de 1888. O bispo Carrascosa instalou alí o Pazo a comezos do século XX. Este tén fachadas á rúa do Progreso, 26 e á praza Bispo Cesáreo.
A fachada sur, na beirarrúa onde estaba o «Hotel Barcelona» e o........
