De Debrecen a Ourense, a lóxica do escaparate
O domingo 12 de abril os húngaros deciden nas urnas se Péter Magyar substitúe á fronte do país a Viktor Orbán, no poder desde hai case dúas décadas. O que está en xogo vai máis alá das fronteiras húngaras. O líder ultra bloqueou durante meses a axuda europea a Ucraína, paraliza por sistema decisións comunitarias que afectan a 450 millóns de persoas e opera como aliado declarado de Moscova e da administración Trump dentro da Unión. Debrecen, a segunda cidade de Hungría, é un caso paradigmático para comprender como funciona este réxime iliberal por dentro. Non porque sexa representativa de todo o país, senón porque concentra nun único territorio todas as contradicións que definen o sistema orbanista e o abismo que media entre o relato oficial e a vida cotiá dos seus residentes.
O consumo de auga da factoría duplica as estimacións oficiais nun territorio que cada ano sofre dramáticas secas"
Debrecen ten uns 200.000 habitantes, un centro histórico restaurado con fondos públicos de Bruxelas e candidatura a Capital Verde Europea 2027. Durante décadas ten sido fortaleza do Fidesz, o partido de Orbán, que controla o concello e as circunscricións da zona. A pouca distancia, nunha área industrial de centos de hectáreas entre Debrecen e o municipio de Mikepércs, erguéronse almacéns e........
