menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Da gramática do agravio á xestión da mediocridade

4 0
07.05.2026

Gonzalo Pérez Jácome leva case sete anos á fronte da alcaldía de Ourense, pero fala como se aínda estivese na oposición. A Deputación, a Xunta, o Goberno de Madrid e as “elites” non fan outra cousa que discriminar á cidade, sendo os auténticos culpables de todo canto non funciona. Somos a “cincenta”, a vítima manifesta dunha conxura de poderes externos que cobizan lastrar noso porvir. Que o noso cuñado omnisciente ocupe o cargo de rexedor municipal desde 2019 non entra no relato. Mais esta lóxica non lle é propia nin exclusiva. É exactamente o mesmo esquema que o PP repite na Deputación provincial e na Xunta, que gobernan practicamente sen interrupción desde a aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981. Mesma familia política, mesma gramática do agravio permanente.

O máis significativo non é que esta dereita goberne mal, senón que a desfeita cumpre unha función deliberada"

O conservadurismo contemporáneo non é un corpus ideolóxico con contido substantivo. É un sistema que se define exclusivamente polo que combate, non polo que propón. Corey Robin, en “The Reactionary Mind: Conservatism from Edmund Burke to Donald Trump”, demostra que a dereita é estruturalmente reaccionaria, que cada reformulación histórica é resposta a un movemento emancipador........

© La Región