O primeiro expreso Madrid-Ourense
O 9 de maio de 1957 (fixo o sábado 69 anos) quedou gravado na memoria ferroviaria de Galicia como unha data histórica. Aquel día, ás 5.45 da mañá, chegaba á estación de Ourense o primeiro tren expreso procedente de Madrid pola nova liña de Zamora, unha infraestrutura chamada a mudar para sempre as comunicacións entre Galicia e a Meseta. A prensa galega deu conta do acontecemento con entusiasmo, consciente de que se trataba dun paso decisivo nun proxecto agardado durante décadas.
O convoi realizaba unha viaxe de ensaio, pois a inauguración oficial da liña férrea Zamora-Ourense non tería lugar ata o 1 de xullo dese mesmo........
