Martínez de Sousa, edición definitiva sen erratas
Entre os autores protestantes era frecuente, según Roger Chartier (Editar y traducir, Gedisa editorial, 2022, pp. 310-320), considerar a vida eterna como unha edición definitiva e sen erratas nomeadamente cando a elexía se refería a editores e impresores. Unha metáfora acaída para José Martínez de Sousa (O Rosal, Pontevedra, 1933- Barcelona, 2026), un galego ilustre esquecido na súa terra e admirado polo seu saber en todo o mundo. Ninguén dubidará da súa sabedoría e competencia despois de ler unha das súas obras (Ortografía y Ortotipografía del español actual, Trea, Gijón, 2008) que figura citada en todas as bibliografías que se achegan con autoridade ao mundo desta nova disciplina chamada Ortotipografía, que se ocupa esencialmente da ortografía do texto, distinta da da letra, da da palabra e da da frase. As súas numerosas obras, que se acollen con frecuencia ao formato dicionario (Diccionario de uso de las mayúsculas, Diccionario de tipografía y del libro, Diccionario de usos y dudas del español, Diccionario de información, comunicación y........
