menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O paripé do Gaiás

30 0
21.07.2026

A posta en escea do pasado 15-X no Gaiás non foi o nacemento de ningún pacto histórico pola nosa lingua, senón a consumación dun simulacro publicitario. O goberno de Alfonso Rueda, logo de máis de vinte meses mareando a perdiz dende a publicación dos terríbeis dados de perda de falantes do IGE, pariu un documento cosmético deseñado para conxelar o esmorecemento do galego de costas á realidade. Unha estratexia de dilación calculada para dar unha falsa imaxe de centralidade moderada mentres, por baixo, mantense intacta a folla de ruta do asimilacionismo cultural e o esfarelamento dos dereitos lingüísticos da nosa cidadania que pariron Feijóo e Rueda no 2009.

A fenda entre este rascuño gobernamental e o verdadeiro consenso técnico e social do país é arrepíante. A proposta de Plan de Normalización Lingúística (PNL) da Xunta racha co espírito vinculante e coa ambición de intervención pública do histórico PNL de 2004, abeizoado na altura polo consenso parlamentario (PPdeG de Fraga, BNG e PSdeG) rachado polo PP na campaña das eleccións nacionais galegas de 2009 e coa aprobación do vixente Decreto 79/2010 que........

© La Opinión A Coruña